Presentación

O XIII Congreso Internacional de Lingüística Xeral (CILX2018) vaise celebrar na Universidade de Vigo do 13 ao 15 de xuño de 2018.

Trátase da décimo terceira edición dun evento que tivo a súa orixe en Valencia en 1994. Desde aquela, o CILX achegou un amplo e fecundo diálogo bienal sobre a investigación en Lingüística, con paradas en Granada (1996), Salamanca (1998), Cádiz (2000), León (2002), Santiago de Compostela (2004), Barcelona (2006), Madrid (2008), Valladolid (2010), Zaragoza (2012), Pamplona (2014) e Alcalá de Henares (2016).

O CILX2018 contará no seu programa con ponencias plenarias, comunicacións orais, paneis temáticos e pósteres, que abranguerán as diferentes áreas, metodoloxías e perspectivas teóricas relacionadas co estudo da linguaxe e as linguas

Convocatoria

Consulta a chamada á presentación de comunicacións e pósteres.
Data límite: 15 decembro 2017

Inscrición

O prazo de inscrición no CILX2018 aínda non está aberto.

Programa

O CILX2018 incluirá conferencias plenarias, paneis temáticos, comunicacións e pósteres

No CILX2018 impartiranse conferencias plenarias a cargo de:

Ofelia García

Ofelia García (City University of New York)

El translanguaging y el plurilingüismo: Convergencias y divergencias

M. Antònia Martí

M. Antònia Martí (Universitat de Barcelona)

Modelos de semántica distribucional

Juan Carlos Moreno-Cabrera (Universidad Autónoma de Madrid)

Paneis temáticos

Novidades

Primeira circular

Primeira circular

Publicamos a primeira circular do XIII Congreso Internacional de Lingüística Xeral (CILX2018) coa convocatoria para a presentación de comunicacións e pósteres, e con información xeral sobre a estrutura do congreso, en particular sobre as conferencias plenarias e os paneis temáticos previstos

Ola mundo!

Ola mundo!

Benvido ao sitio web do XIII Congreso Internacional de Lingüística Xeral